





En 1386 a vila sofre o ataque e asedio do exército inglés. Na súa defensa destacou o papel dos xudeus que serían expulsados case un século despois polos Reis Católicos, case ao tempo que se institúe o Condado de Ribadavia, de novo en favor dos Sarmiento.
A cidade foi declarada Monumento Histórico
Artístico en 1974 e na actualidade conta cunha poboación de
arredor de 5.500 habitantes.
Estrabón, o xeógrafo máis notable do mundo clásico,
cita nos seus libros de xeografía a elaboración do vino
de Ribeiro dende o século II a.C., que impulsaría o crecemento
da rexión durante a Idade Media, e que a partir do século XIV
faríase tan afamado e comercializado en toda Europa occidental.
Rippa Avie segue a ser o nome co que
se coñece a Ribadavia en documentos do Medioevo. Pertence á zona
denominada como 'terra de castelos', configurados para evitar invasións
musulmanas como a breve do ano 793.